Entradas

Mostrando entradas de 2017

de como esquecemos o que fomos

Imagen
As identidades que foron son como cruzar as augas do Limia. As formas que adoptan as linguas son misteriosas: quen decidiu a altura dun século esquecido que en galego prescindiríase dos tempos verbais compostos? Como alguén comezou dicir “vai frío” e uns quilómetros máis alá o frío faino? Porque unha obediencia aquí si e alí non? Hoxe en día as academias e os mass media deciden as formas e os modos... quen o facía hai mil, ou mil cincocentos anos? Como se sucedían os criterios aquí e alá? Que son as fronteiras senón ríos con memoria?

rencor

Imagen
Nesta entrada quería eu quitarlle razón ao Zizek. Obxectaba o Zizek que o resentimento impediría aplicar o criterio da xustiza redistributiva rawlsiano (o veo da ignorancia): cando sentimos rencor non somos quen de poñernos no lugar do outro. Para quitarlle a razón a Zizek falei eloxiosamente dos impostos. Os impostos, cando están ben deseñados funcionan como mecanismo de redistribución impersoal: entón entra en funcionamento outro veo que impide que o resentimento se encarne. E falaba de máis cousas. Mais existen outros mecanismos despersonalizadores máis importantes que os impostos en economía. Eses mecanismos actúan a traveso dunha man invisible. Ademais de guiar conduta o interese amansa feras: Cando a economía funciona o rencor disípase; cando non brota. E que sucede cando entran en xogo eses potentes motores políticos? Sucede que son postas en marcha as políticas das identidades: o rencor busca culpables. Volvendo ao interese en As Paixóns e mailos Intereses fala Hirsch

mercado e arquitectura pública

Imagen
Os uso de información privada por compañías tecnolóxicas adoita enfocarse como unha cuestión de dereitos individuais, e así é. Máis é tamén, e a min prodúceme unha maior vertixe, a dimensión ontolóxica do asunto. Existe un modelo de David Laibson, A Cue Theory of Consumption , sobre estrutura de mercado, estímulos aditivos, e condicionamento condutual. Amosa ata que punto podemos devir radicalmente outros en función da estrutura dos incentivos que nos arrodean. Está despois a charla de Zeynep Tufekci, programadora de orixe turca que ten devido en socióloga. Zeynep defende moi convincentemente que existe un conflito entre uso privado de algoritmos de condicionamento condutual, o poder que outorgan a quen os usa para condicionar a conduta de millóns de persoas e os seus efectos políticos. De feito, algo diso hai no hackeo ruso das últimas eleccións nos EUA. Dende unha perspectiva económica poderiamos dicir que eses algoritmos afectan de xeito desproporcionado ás preferencias

Laicismo e relixión.

Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores. Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo e

Para todo o demais poética

Imagen
Co paso dos anos unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas intencións. En segundo lugar están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora compro cadernos – axenda, e vaime moi ben. Para todo o demais poética.

nobel prize in marketing economics

Déronlle o Nobel a Thaler. É un economista orixinal e creativo. Foi moi importante na miña tese. Isto fai que me sinta na obriga de falar del malia que a complexidade do papel que ten xogado na economía condutual durante corenta anos fai que sexa difícil. Estiven a repasar os lugares nos que aparece na tese. Primeiramente falo del para describir os inicios da Economía condutual dado que o seu papel foi fundamental en tanto que promotor e estratega na súa difusión. Porén, en tanto que teórico da conduta económica Thaler é importante por: Ser o primeiro en intentar integrar anomalías condutuais (dende unha perspectiva da racionalidade económica convencional) en modelos económicos marxinalistas. O seu traballo sobre inconsistencia temporal foi igualmente pioneiro. Chegar o primeiro é o que ten. Atento a toda anomalía existente Thaler deu co traballo do psicólogo Ainslie sobre desconto hiperbólico. O seu traballo será continuado con posterioridade por Loewenste

liberticidio (a little bit)

Imagen
Unha parte da fama que ten obtido Rawls débese ás posibilidades que ofrece a súa teoría do veo da ignorancia. Mediante ela é posible xustificar políticas redistributivas. Nunha espléndida palestra retrúcalle Zizek ao argumento rawlsiano que a lóxica da envexa e o resentimento impide a aplicación práctica do veo. Mais iso pode ser certo no caso da caridade ou os donativos nominativos, non ten por que selo no caso dos impostos. Quero chamar primeiro a atención que o resentimento é un sentimento moral que depende do instrumento empregado: cando o suxeito caritativo dá é o receptor da caridade o que pode sentirse resentido; cando o suxeito impoñible é gravado pode sentir tamén resentimento. No primeiro caso os destinatarios do resentimento son os doantes, no segundo adoita ser o Estado ou os receptores de axuda (inmigrantes, parasitos sociais, etc). Cando os impostos están ben deseñados, non gravando desproporcionadamente, explicándoselle aos suxeitos o destino dos cartos, habend

rematando

Imagen
Quería aclarar cousiñas da última entrada do blog e ir anunciando a retirada ate outra. Pensamos volver. Aclarar: Elaborei a última entrada un pouco improvisadamente, sen repasar nen reflexionar, de aí o difícil de entender algunhas das notas. Cando falaba de “blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade)” tiña en mente unha actuación de Howlin' Wolf que me impresionou. Falaba de que cando non tiñas cartos tiña-lo blues. O blues é quedar sen un peso. Nese momento es merda.  Cando falo de “jazz (abstracción jazz)” penso por unha banda en Coltrane e pola outra na contraposición do jazz respecto do blues. O blues xorde dunha dor concreta á que pon son e nome. Quéixase da dor. O Jazz é infinitamente aberto, abstraéndose de calquera concreción, ou cando menos penso que esa é a súa tendencia. Penso o mesmo respecto do techno, por iso puxen “electrónica (o caso da abstracción house)”. En fin, cousas miñas. Son consciente de que mesturo cousas e de que os elementos

The Last Kingdom (especial)

Imagen
Lévolle dando voltas á visión anglosaxoa que teño das cousas, da unfluencia da súa cultura en min na última década, de se ter cartos libera e realiza. e como agora está de moda a acumulación de datos aí vai unha, o mellor estruturada que puiden, iso si. A VISIÓN ANGLOSAXOA QUE TEÑO DAS COUSAS. cultura audiovisual: series de TV. GoT, twin peaks, the wire, true detective, the leftovers, atlanta, the night of, mad men, braking bad, mr robot cinema: stars wars, el señor de los anillos, iñarritu, tarantino, gravity, the children of men, dunkirk, os heroes. música: metal, rock, blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade), jazz (abstracción jazz), pop, punk, garage, trap, hip hop, electronica (o caso da abstracción house) o caso da literatura (científica, filosófica e da outra) Ensaio e filosofía: principalmente literatura económica ou relacionada coa economía: Rawls, Sen, Buchanan, Rorty, Kahneman, Tversky, Friedman, Simon, Laibson, Bowles, North,

unha de imagination politik

Imagen
é curioso o papel que xoga a imaxinación na definición do posible. A imaxinación fai uso de materiais de construción simbólicos cos que debuxar camiños e roteiros. A TV, os mass media, as rr.ss., a música, o cinema, a literatura, os memes, a fotografía, e toda a mestizaxe que se vos ocorra constrúe iso que se deu en chamar imaxinario social. Os procesos políticos e económicos non escapan ao poder da imaxinación, véndose suxeitos a ela. Un proceso político e económico importante das últimas décadas é o da globalización; outro o da formación de espazos plurinacionais. Non podo aseguralo máis semella que a UE é imaxinada como unha suma de Estados e nada máis. A soberanía reside nos Estados e son estes os que a ceden, a negocian, ou a reclaman de volta. Someterse á xurisdición comunitaria ou non é decisión deses Estados. Artellar políticas económicas, regulacións intelixentes e coordinadas, é difícil cando distintos poderes están en tensión. O problema da coordinación entre actores,

A figura do heroe en Dunkirk (2017)

Imagen
Antes de ir ver Dunkirk vin as dúas anteriores pelis do Christopher Nolan que forman parte da mesma triloxía: Inception e Interstellar . Véndoas é posible atopar un fío non evidente. Nas dúas os mundos son catástrofes familiares: heroes que se ven impedidos de estar cos seus por forzas titánicas que os superan. Semella que existe unha ontoloxía da separación que constitúe as películas. Os heroes intentan construír pasarelas de comunicación e regreso a eses mundos familiares. Esta ontoloxía empata coa do heroe clásico, dende Ulises ate John McClane. ( Desenvolve esta idea moi ben José Manuel Guerol ). Os masculinos heroes non só están afastados das súas familias senón que no seu intento de volver a elas non dubidan en romper tódalas leis (no caso de Interstellar semella que incluso as leis da Física). En Dunkirk este relato estoupa e desintégrase. Nolan convídanos a camiñar por unha praia na que a area voa e as augas axítanse. Rompendo co uliséico relato aquí os que viven á

"El bar" (2017)

Imagen
Hoxe vin " El bar ", de Álex de la Iglesia. A peli ten momentos moi bos e ten mensaxe. Os momentos bos son os de humor negro español, moi descarnado. Tamén é certo que hai partes nas que esa españolidade resúltame excesiva (mui español i mucho español). A mensaxe vai sobre a conduta das persoas e o contexto, as emocións e o que levamos dentro. O argumento da peli é que o medo ten un efecto nudista, espíndonos, facendo que amosemos os dentes. Cando os ollos non collen nas súas cuncas pasan cosas, que diría don Mariano.

de festivaleo

Imagen
MARCHAMOS

as cousas de ser sufrido

Imagen
unha amiga defendía o outro día a necesidade de pousa-la mirada sobre as formas propias de espiritualidade. Referíase ao cristianismo en Europa. Falaba de recuperar e conservar.  A miña posición cando a miña amiga se pon así é profundamente reaccionaria. Con moita frecuencia os seus argumentos incomódanme, síntome distante da súa forma de ver e sentir. Como consecuencia acabei preso dunha liorta que non quería: discutindo sobre a espiritualidade de Occidente por culpa dun comentario meu sobre canta xente hai hoxe facendo ioga.  Como esta clase de situacións son frecuentes teño dado en adoptar estratexias de contención e aplacamento:  Defina vostede espiritualidade. Existe realmente unha espiritualidade occidental? De que xeito está esa espiritualidade relacionada co cristianismo? Cal é a espiritualidade dominante hoxe en Occidente? É Latinoamérica Occidente? Por que conservar e recuperar? Que hai de malo nas novas formas de espiritualidade? Que medidas prácticas e concretas pr

e máis cortinas

Imagen
teño un amigo. Figúraseme unha atractiva traxedia disfrazada de terciopelo. Non fago moito caso dos meus pareceres, adoitan estar alentados polos meus demos, mais se cadra debería.

comenta Deaton

Imagen
Angus Deaton é un tío que me cae ben. Xa sei que moita da dereita española está encantanda con él mais considero que é un tío honesto e intelixente. Precisamente por iso intentarei meterlle brasa. Comenta Deaton que tradicionalmente se ten defendido a intervención do Estado na economía de mercado debido á súa capacidade redistributiva: o mercado sería un mecanismo cego que distribúe sen reparar; o Estado quitaría aos ricos para, fundamentalmente, o mantemento de institucións que permiten a igualdade (escolas, hospitais e unha rede de seguridade social que protexe de determinados riscos). Tradicionalmente os defensores do mercado en contra do Estado argumentan que tal intervención pode xenerar ineficiencias dado que distorsiona os incentivos dos emprendedores, diminúe a capacidade de aforro e investimento dos capitalistas e está suxeita á corrupción política. Comenta Deaton que esta non é unha verdade universal establecida. Que moitas veces os Estados son maquinarias de distri

en suspensión

Imagen
Abrimos de novo este caderno. Despois dun ano tremendamente intenso no laboral e no profesional temos dous meses de descanso nos que anotaremos cousiñas por aquí. Di Kevin Durant que o trunfo dunha temporada depende de xeito crucial de como empregas o tempo de descanso. Nesas estamos.