A figura do heroe en Dunkirk (2017)




Antes de ir ver Dunkirk vin as dúas anteriores pelis do Christopher Nolan que forman parte da mesma triloxía: Inception e Interstellar. Véndoas é posible atopar un fío non evidente. Nas dúas os mundos son catástrofes familiares: heroes que se ven impedidos de estar cos seus por forzas titánicas que os superan. Semella que existe unha ontoloxía da separación que constitúe as películas. Os heroes intentan construír pasarelas de comunicación e regreso a eses mundos familiares. Esta ontoloxía empata coa do heroe clásico, dende Ulises ate John McClane. (Desenvolve esta idea moi ben José Manuel Guerol). Os masculinos heroes non só están afastados das súas familias senón que no seu intento de volver a elas non dubidan en romper tódalas leis (no caso de Interstellar semella que incluso as leis da Física).
En Dunkirk este relato estoupa e desintégrase. Nolan convídanos a camiñar por unha praia na que a area voa e as augas axítanse. Rompendo co uliséico relato aquí os que viven á marxe da lei (aqueles que non gardan a orde militar) non son heroes senón desesperadas formiguiñas que buscan ser rescatadas. Non son heroes tampouco, senón attrezzo, aqueles compañeiros que manteñen a disciplina militar. Sono si, os que buscan rescatar a eses homes na praia, perdidos fillos á deriva, ulises miserables e impotentes, todo instinto de supervivencia. 
Os axentes do rescate non son heroes no sentido clásico: son persoas de orde e razonables en busca de rescatar aos fillos perdidos nas batallas para os mundos familiares de coidados, café con leite pola mañá, e lectura de xornal. Nada máis afastado de John Mcclane.

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

BAD HABITS

catástrofe y trauma