Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Masculinidades I

Comentario sobre Pornotopia, de Paul B. Preciado. A tese de Paul B. Preciado en torno á Playboy ten como punto de referencia os novos dispositivos, substancias e tecnoloxías sexuais e o seu impacto sobre as formas de exercicio do poder, por exemplo as mudanzas involucradas pola introdución das técnicas anticonceptivas. De como o home busca dominar a esfera doméstica dun xeito novo. As técnicas anticonceptivas involucran de xeito inevitable unha crise ideolóxica do doméstico e dos coidados. Fala Preciado da importancia que adquire a mediados de século a masturbación masculina. O desenvolvemento da industria erótica desvela novas formas de entender o sexo, trátase do nacemento das revistas masculinas estilo Playboy. Hugh Hefner non inicia unha empresa senón que funda un movemento ideolóxico que reivindica ao home no fogar (en bata, zapatillas e con gorra de capitán), cunha nova sexualidade. Actúa como o fascismo coa modernidade: unha revolución reaccionaria que se opón ás for