Suxeito económico en Jean Tirole


Estou a ler A Economía do Ben Común, do nobel en Economía Jean Tirole.
A que denomina el internalidades? De que depende a nosa capacidade de facer asumir os seus costos ou beneficios? Facer ao suxeito consistente. 
As externalidades son costos (beneficios) que son repercutidos pola actividade dun axente sobre outro. O Jean Tirole chama a internalidades constitúe un concepto econonomicamente máis problemático. Denomina internalidades ao que lles sucede, por exemplo, aos suxeitos cuxa conduta é inconsistente dende unha perspectiva intertemporal. Cando leo a Jean Tirole entendo que con ese concepto quere sinalar a aqueles costos que o suxeito económico repercute sobre si, a condutas contrarias ao propio interese. É un concepto economicamente problemático debido a como se separa do concepto de externalidade, podendo chamar a confusión. 
Nunha externalidade a busca do propio interese por parte dun suxeito ten consecuencias sobre o interese doutro suxeito, máis eses dous intereses non están ligados. Porén, se identificamos internalidade simplemente cunha conduta como a da inconsistencia intertemporal aquí mesturamos cousas: existen condutas inconsistentes causadas pola incapacidade do suxeito para dominar as súas paixóns, como pode comprobarse mediante a lectura dos artigos de George Loewenstein. Mais temos tamén artigos como os de Dupas e Robinson, nos que a conduta de inconsistencia temporal é debida á non dispoñibilidade de tecnoloxías de aforro acaidas. Ou, incluso, eses casos nos que a estrutura do medio que se habita condiciona a realización desa inconsistencia.
Esta dependencia do alleo fai do concepto de internalidade un “false friend”. Así, se a inconsistencia dun suxeito está relacionada co interese de outro, e ese outro suxeito ten capacidade para modificar a estrutura do medio, ou dificultar (facilitar) a accesibilidade a tecnoloxías que posibilitan a (in)consistencia, estamos apañados. Entón estamos ante unha relación de interdependencia na que un suxeito pode tirar proveito das debilidades de outro. Chamar a iso internalidade non axuda a entender o que está a suceder.
Non é só unha cuestión nominativa. Cando realicei a tese traballei moito sobre esa mesma cuestión: a de interpretar condutas inconsistentes dende a perspectiva do suxeito económico tradicional, que procura a realización do seu propio interese. Cando o suxeito é inconsistente o seu inimigo non é só el mesmo. Que a inconsistencia dependa de como o medio está estruturado fai que terceiros axentes poidan condicionar tirar proveito das circunstancias.

A industria alimentaria española ven de asinar un pacto para limitar o volume de azucre, sal e graxas nos alimentos que ofrecen para o consumo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

catástrofe y trauma

BAD HABITS