Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

The Spotify Cultural Independence Index

Imagen
En Spotify, é posible ver as tendencias do máis escoitado por país (charts > top 50 by country). Estiven a facer pescuda das tendencias a nivel global e de que predomina (o top 5 de cada país). Pode observarse: O predominio da cultura musical estadounidense en centroeuropa (Marshmello, Rudimental, Drake, The chainsmokers, Dua Lipa XXXtentation figuran no top de tódalas listas). En Dinamarca, Alemaña, Austria, Eslovaquia, Hungría, etc. Tamén Estonia, Lituania, Noruega, Suecia, Dinamarca, ... Resulta curioso porque son países culturalmente moi potentes noutros ámbitos culturais, máis se reparamos en a que atenden os consumidores de música deses países vemos un uniforme predominio anglosaxón. Visitei tamén o top doutros países do mundo, de Asía principalmente, e repítense os hits de centroeuropa: as mesmas tendencias e artistas. Mais non é en tódolos países así: Italia ten cousiñas distintas: (Vegas Jones, Sfera Ebbasta, 2º, 3º, 4º, Drake, Ghali) Francia tamén